lunes, 4 de noviembre de 2013

15. Prueba de acceso a ciclos formativos de grado medio

A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional constitúe un recoñecemento da competencia e madureza daquelas persoas que non cumpren os requisitos académicos establecidos para cursar estes estudos. Esta proba garante o dereito das persoas ao acceso á educación e á formación ao longo da vida, co fin de aumentar a empregabilidade e fomentar a promoción e a proxección da carreira académico-profesional, logo de acadar o óptimo desenvolvemento das capacidades individuais.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.
Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.


Pruebas de acceso a ciclo de grado medio

No hay comentarios:

Publicar un comentario